jueves, 3 de septiembre de 2015

Pequeno Ladyfest: Convocatoria aberta.


Ninguén pon en dúbida que estamos a vivir en Galicia un dos momentos máis creativos destes últimos anos. O nivel nas diferentes disciplinas artísticas está moi alto. Estamos todas sumerxidas nun caldo experimental ben saboroso e a cousa está que ferve!
É importante dicir que neste fervedoiro somos moitas, moitas as rapazas!! E querémonos reunir, coñecer e básicamente, CELEBRAR. Para iso estamos a argallar un PEQUENO LADYFEST, que terá lugar o sábado 10 de outubro no Liceo Mutante. Unha xornada con concertos, postos de autoedición, charlas, obradoiros, e máis cousas bonitas que se resumen en: FESTA.
Así que con tal motivo facemos un CHAMAMENTO a toda persoa ou colectivo afín ó movemento que queira participar. Para iso só tedes que nos escribir un BREVE mail antes do 20 de setembro a ladyfestgalicia@gmail.com contándonos o que facedes, por que vos gustaría vir e que material ou proposta traeriades. Acompañádeo, segundo a natureza dos vosos proxectos, de textos, imaxes, web ou calquera outro material que nos poida axudar a facérmonos unha idea o máis exacta posible do voso traballo, ou da vosa proposta.
Agardamos con moitísima ilusión os vosos mails dende XA!!
Unha aperta.
A organización do Pequeno Ladyfest.
Imaxe por Sara Roca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario